No retrovisor

Mirando polo retrovisor atopámonos co Meaño antigo, un puñado de fotos que nos van chegando que e que nos mostran tal e como eramos daquela. Vai ser o noso particular punto de encontro para lembrar desde este ventanuco. Para visionalas recomendámosche que pinches no icono de "play" deste vídeo e así escoitarás e canción que che propoñemos como banda sonora. 




ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Homes de Castrelo tras un curso de viticultura nos anos 60


Familia de Dena na estrada de preto da igrexa parroquial no anos 60


Cofrafía do Sacramento en Dena polo día do Carme nos anos 60


Como xuño é mes das festas do Sacramento, traemos hoxe a esta sección 
unha foto da orquestra Victoria nos anos 60 tocando nun Sacramente en Dena


Orquestra con meañeses nos anos 60


TAN PRETO E TAN LONXE: Unión Dena no ano 1984


TAN PRETO E TAN LONXE: 
20 de xuño de 1996. Rapaces de Meaño nun campus do Asmubal
en San Vicente do Grove. A cantos coñeces?


1971, Entroido en Dena


1949, Banda de Meaño en San Benito de Lores. 
Foto cedida por Marcos Castro


Mozas en Dena en 1975, a altura do que hoxe é Rúa de Galicia


Banda Unión Musical de Meaño en 1991 na entonces Praza da Feira


Curso da policía local de Meaño anos 90


Banda de Música de Meaño en 1948. 
Foto cedida por Marcos Castro


Meañeses nos anos 60. Foto álbum da familia Crespo.


Equipo de baloncesto do colexio de Coirón-Dena nos anos 70,
na pista exterior (que logo foi pavillón e que hoxe é pista ao aire libre)


1975, alumnas de terceiro curso de E.X.B. do colexio de Coirón 
diante das casas de mestres


Daniel "O Ferreiro", á esquerda, quen fora 
dono do muiño de Lores que hoxe conserva 
aínda o seu nome


Caravana na festa de San Cristóbal en Dena, mediados dos anos 70


TAN PRETO A TAN LONXE: A foto de esta semana tiña que ser 
para Maximino de Crespo e Camilo de Agis, os dous últimos músicos 
da xeración de banda da posguerra, hoxe finados, 
e captados por última vez xuntos no festival de bandas

Fins dos 80. Venera, xenio e figura en San Amaro


TAN PRETO E TAN LONXE: 
febreiro de 1994. Cazadores de Meaño con seis raposos dunha batida


Festa do Sacramento en Dena. ¿Anos 60?. Arquivo de Marisol Novás


1969, equipo de balonmán feminino do colexio de Dena, con D. Eduardo como mestre


1977, curso de 3º de E.X.B. do colexio de Dena coa mestra Dona Elvira


Casa de Antonio "O Leitieiro" en Dena, anos 60


Escola de Música que deu orixe á Banda de Meaño. Foto do 17 de agosto de 1985


Equipo de veteranos do Dena nos anos 80. A cantos coñeces?


1967, excursión do colexio de Coirón-Dena (foto do arquivo de Soledad Domínguez)


1980, o Deportivo Xil no campo dos Salesianos en Castrelo


1939, acreditación do arzobispado de Santiago a Desiderio Dovalo 
como sacerdote de Meaño


A Danza de Acos de Cobas, anos 70


Festa de San Cristóbal en Dena nos anos 70



1965, mozas de Meaño na Feira, frente a Casa de Virgilio. 
Nela aparecen Ernesta e Lourdes de Costas, Obdulia de Abilleira,
 Lita de Bernardino, Lola, Mª Esther e Obdulia de Barreiro; 
e Laura a filla de Blandina.
Foto cedida por Mª Esther Reboredo


5 comentarios: