sábado, 17 de marzo de 2018

*** Opinión
Condensación de Coirón

Polémica desatada esta pasada semana -que digo, este inverno- en Meaño coa condensación do pavillón de Coirón-Dena, con críticas de uns que acusan de inoperancia ao gobierno local do Partido Popular, e a reacción deste reprochando a MI -con xente vinculada ao Asmubal- de empregar o deporte para politizar o asunto.

Todo depende do cristal con que se mire, porque é inevitable que cada quen sempre tende a arrimar a ascua a súa sardiña, procurando ampliar o abano de argumentos para cargarse de razóns. Considerando máis o menos afortunados os zarpazos políticos, cabe apartarse deles e ir a xénese, aos feitos. O feito número un, é que o pavillón de deportes de Coirón, construido fai uns anos -como todo o colexio de Coirón a fins dos 60- sobre unha zona de barrizal húmido, acusa un problema de condensación que deixa impracticable a cancha de goma en inverno. O feito dous, as obras rematadas en xaneiro de 2017 e nas que se gastaron máis de 31.000 euros, foron baldías, porque o problema persiste -sen que, por certo, recaíra, responsabilidade algunha sobre técnicos ou empresa en base a unha garantía de obra-.

E feito número tres: o goberno local tardou un ano en reaccionar na procura dunha solución a un problema que, sabíase público e notorio, estaba aí. Agora, tres meses despois desa reacción anunciase unha solución por calor radiante deste o teito que, a este paso, vaise testar en primavera ou, se cabe, en verán. Os tres son feitos incuestionables, o demáis é ruido. Tire o lector de conclusións, que a bo entendedor, poucas palabras bastan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario