domingo, 4 de febrero de 2018

Meañeses polo mundo (X): nixeria
 Ramón Meixús Filgueira / Lagos

O meañés Ramón Meixús Filgueira viaxou desde Lores a Nixeria na procura de traballo. Fixoo xunto co seu veciño Manolo Lare. O que en principio ía ser unta estadía curta para realizar un traballo de canteiría na construcción, foise dilatando no tempo porque alí xurdíu unha oferta para quedarse. Ramón Meixús leva alá case que cinco anos e recoñece terse xa acostumado, pero como bo galego, bota de menos a terra e, en particular, o seu Lores natal.  Fotos: álbum de Ramón Meixús

"EN NIXERIA AS DESIGUALDADES SON ENORMES" 

Como xorde a idea de ir para Nixeria?
Ramón Meixús cun grupo de nnenos en Nixeria
Foi en 2013 cando un mediador que traballaba en Nixeria foi a Jumisa para encargar granito galego porque quería construir alí unha obra diferente para o seu xefe, un potentado home de negocios do país. Ese mediador prantexou en Jumisa a necesidade de viaxaran un par de homes a Nixeria para colocar a pedra, dado que alí non había canteiros que traballaran este material na construcción. Quen máis e quen menos achicouse porque a ninguén lle tiraba ir para África. Foi Manolo Lare, que traballaba en Jumisa, o que me falou o asunto, e eu díxenlle: “se hai que ir vaise... Imos ti e máis eu e xa está!”. Díxeno como quen non quere a cousa, pero Lare tomoume a palabra, e aínda que non pensei que aquelo fora adiante, máxime cando os papeis tardaron un mundo, sí acabou arrancando. E alá nos vimos en Nixeria… e todo aquelo era novo para nós!
Como era obra era que tiñades de construir alí?
Era a casa dun magnate do país, un home de raza negra que era un importante empresario vinculado á construcción, ao petróleo e que ten incluso a exclusividade da DSTV, que unha das grandes canles de televisión nixeriana. Estaba a edificar unha mansión de dúas plantas, cunha superficie de 800 m2 por planta… Imaxínate!. Nós iamos sobre todo para colocar cornisas e piares… algúns de 2,5 toneladas de peso!. Cando acabamos regresamos a España.

O noso protagonista vestido coa camiseta da selección española
Pero voltaches e marchar outra vez.
Si, tempo despois de estar en España chamáronnos de novo porque fora outro container con chapa de pedra que había que colocar. Foi cando acabamos ese segundo traballo que o xefe chamounos e prantexounos se queríamos traballar para el.
Supoño que iso non estaban nos plans.
Para nada. Cando mo prantexou, eu, como bo galego, díxenlle aquelo de “Depeeendee!...” Todo ía en función a manter as condicións, isto, para nós, era ter un salario algo superior ao que estabamos cobrando en España, do contrario non compensaba quedar en Nixeria, ter unha casa na que vivir, un cociñeiro, e un chófer que nos levara e trouxera de volta do traballo... Porque alí a conducción é tremenda. Houbo acordo ao momento. Así que quedamos, e levamos aquí xa case que cinco anos.

Onde vivides?
Unha panorámica do barrio en que vive
Vivimos nunha casa nun barrio residencial que se chama Lekki, mesmo nas aforas na Lagos, que é a capital.
Lagos é unha cidade segura?
Para a xente de a pé pódese dicir que si. Alí teñen moito medo a policía… porque enseguida che zurran. Certo que os magnates, caso do noso xefe, teñen escolta privada e armada para a súa seguridade.
Ten vida nocturna a zona onde vives?
Sí, ten un mundo. Pero o problema alí é a electricidade. Non te podes imaxinar ter unha luz como en España toda a noite, iso é imposible. Nós temos dous xeneradores enormes na casa para dispor de luz.
Que é o que mais che chamou a atención de Nixeria?
As enormes desigualdades. Mesmo na carretera tanto ves auténticos cacharros como Ferraris, Jaguars, e nos portos espléndidos iates.
¿Cómo levas comida nixeriana?
A nosa dieta aquí é a base de arrós e polo, que en Nixeria se come moito. Polo demáis a comida nixeriana a min non me gusta: aquí todo é a base de sémolas, fariñas, pescado afumado…
Pero algún plato nixeriano tería comido neste tempo, non?
Claro que sí. Por exemplo, o “sharwarma”, que é un prato tipo taco mexicano. É como unha filloa, ben empaquetada, que no medio leva carne picada en unha chea de ingredientes… Sabe ben, gustoume, pero no podo abusar porque leva picante, alí moitas comidas se condimentan sempre con picante e iso nunca lle sentou ben ao meu corpo.


Ramón Meixús vestido cunha indumentaria típica nixeriana
Podes mercar alimentos de importación?
Sí, é a sorte que temos. Certo que esos productos son moi caros. Para facerte unha idea, ao cambio, aínda que varía, 1 euro veñen a ser 420 nairas, que é a moeda nixeriana. Pois ben, un mazá pode custar 100 nairas, pero un só limón pequeno… 500 nairas! E un bol de patacas que trae 7 ou 8… custa 1.000 nairas!
A como está prezo da gasolina e do gasoil en Nixeria?
Eso é barato, aquí un litro de gasolina custa a 150 nairas, esto é, apenas 36 céntimos de euro, e un litro de gasóleo, 47 céntimos.
Que característica che chamou a atención dos nixerianos?
Que son moi relixiosos. Aquí hai musulmáns e cristiáns, pero respétanse e conviven entre eles sen ningún problema, incluso casan entre sí, e na obra os obreiros musulmáns e cristiáns durmen mezclados

Durmen na obra?
En plena faena nas tarefas de construcción en Nixeria
Sí, porque salario que lles pagan é tan baixo que non lles da para ir á casa. Por iso pasan a noite durmindo na obra que están construindo, adoitan permitirllo ata que a obra non remata.
En que matas o tempo libre aí?
En ver a televisión, poñerme un pouco con isto de internet para estar en contacto cos meus aí en Lores, e en xogar algún partidos de fútbol, sobre todo cun grupo de italianos que hai por aquí.
Séguese o fútbol español en Nixeria?
Sí, vese a liga española. O Barcelona é o equipo con máis seguidores
E desde aí, botas de menos Lores e Meaño?
Claro que sí, un bota de menos á familia, a comida… dou fe que a morriña existe, pero non só é cousa de galegos.
E algún sitio da zona de aquí en especial bota un de menos?
Un paseo pola ruta de muiños de Lores nun día de sol.
Prantéxaste un prazo para voltar?
De momento non.
Para rematar: se alguén que esté lendo esto se lle pasa pola testa irse a buscar traballo para Nixeria… que lle dirías?
Vir un só para acá na procura de traballo é prácticamente imposible. Tes que ter un mediador, é dicir alguén que che faga unha oferta de traballo, como nos pasou a nós. A min neste momento non me pediron operarios, pero se me pediran xente aquí claro que podería botarlle unha man a quen estivera interesado. Pero para iso ten que haber primeiro unha petición real desde Nixeria.


 GALERÍA DE FOTOS, álbum de Ramón Meixús en Nixeria 








Una imaxe dun iate de luxo en Nixeria, exemplo das desigualdades
das que fala o noso protagonista



No hay comentarios:

Publicar un comentario