sábado, 8 de julio de 2017

*** Opinión
Pediatría na UVI

Unha verdade a medias en ocasións é a peor das mentiras. Nos últimos anos Meaño, como o resto de Galicia, ven padecendo a falta de pediatras en atención primaria. No noso caso, ante a baixa da titular desde desde fai dez meses no centro de saúde de Dena, o servizo vense parcheando entre médicos de familia e algún especialista de xeito ocasional. A resposta que esgrimen as autoridades sanitarias é a falta física de profesionais de pediatría, argumento referido ata por escrito por parte xerencia do Sergas en Pontevedra cando alcaldesa se interesou pola cuestión.
Desde logo algo non cadra, cando nun país como España, inmerso todavía na crise, e cunhas taxas de paro que no caso Galicia superan a 17 por cento (35 por centro en mozos), non hai xóvenes dispostos a estudar unha especialidade médica con déficit de profesionais e onde se presume, dados argumentos, que o paro non existe.

As razóns son máis profundas. Por unha banda, a Consellería non está abrindo o suficiente o número de plazas para a formación na especialidade e, por outra, unha vez rematada a súa formación, os profesionais decántanse por ofertas máis atractivas no tocante a salarios, pero sobre todo a horarios, que lles permitan ademáis conciliar vida laboral e familiar, o que moitas veces pasa por emigrar a países do entorno onde son máis valorados.
O que é reprobable é que, sendo conscientes das razóns que afogan o sistema, a administración non estea a facer o necesario para invertir a situación por ela creada. Isto lévanos a pensar se, en realidade, non existe un interese por liquidar a pediatría de atención primaria para relegala, como noutros países europeos, só a atención hospitalaria. É unha vella táctica por parte dos políticos a de deixar morrer un servizo por inanición: neste caso por falta de profesionais, noutros ofrecendo un servizo tan acotado ou depauperado que provoque a falta de demanda por parte dos usuarios. Unha vez logrado isto, xustificar a liquidación é doado, ata semella lóxico. Ou non?



No hay comentarios:

Publicar un comentario