sábado, 18 de marzo de 2017

*** Opinión
Ruborícense, por favor

Entregarse abertamente á información a través das redes sociais sempre entraña un risco, do cal non se libra nin a política municipal meañesa dun tempo a esta parte. Un paseo ocasional por algunhas desas canles, que tamén empregan as diversas forzas políticas locais, da vértigo. Vértigo, de ver como nas súas páxinas, travestida de información, deslizan a sua particular propaganda. Vértigo, de comprobar hasta que límite pode o informante censurar ou tratar de manipular a información, tomada prestada dos medios de comunicación, para retorcela de xeito consciente en beneficio propio.

Un ten visto nesas páxinas como os recortes de xornais sobre Meaño que se insertan, co pretexto de informar, son ás veces sesgados intencionadamente, non colgando en ocasións aqueles que poden resultar “adversos”, ou amputando noutros casos paráfragos ou partes da información que non interesa divulgar. Todo isto, metido no medio doutros extractos, que si se serven como información veraz e que se editan completos, sobre todo aqueles referentes ao ámbito social, humano ou cultural… outra cousa é cando tocan o ámbito político. En fin: isto si, isto non; corto aquí, pego alí; destaco isto, oculto aquelo… Vellas formas de actuar de censores doutros tempos.

Díranme que esas páxinas dos partidos políticos nas redes sociais son para iso, para publicitarse. Ben certo. Pero que logo sexa precisamente esa xente, que promove este xeito de actuar, a que, desde a súa consabida militancia política, trate de dar leccións de ética e moral tachando aos demáis -que non andamos nese xardín-, de estar pro ou contra, de ir con uns ou con outros, en función de onde sople o vento ese día… En fin, cando menos, ruborícense, por favor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario