sábado, 24 de diciembre de 2016

POSTAL DE NADAL

Nestas datas tan de todos abrimos o noso particular Ventanuco para desexar a tódolos lectores, tanto aos que nos seguides de aquí preto como aos que estades lonxe -dun xeito especial, aos que aos que o facedes do outro lado do Atlántico- un bo Nadal e un mellor Aninovo. Que disfrutedes destas festas, sempre entrañables, con estusiamo e ese chisco de prudencia tan precisa nuns días de tanto movemento porque, o importante, e voltar a repetilas en 2017, ou non?. Que os Magos veñan cargados desas cousas verdadeiramente importantes que tanto faltan nas nosas vida en pro dunha sociedade más nobre, xusta e sá... E que Meaño sega sendo a excusa perfecta para atoparnos aquí cada fin de semana ao calor dunha historia.


E, tratándose de Meaño, onde a música se respira a cada paso, que mellor que felicitarche esta festas cunha panxoliña de Nadal interpretrada polo Coro da EMMM no concerto de Nadal celebrado o pasado18 de decembro, e coa que ti tamén poder felicitar aos teus. Pera vela ou reenviala pincha no seguinte enlace:
Dirixe: Marina Penas

No hay comentarios:

Publicar un comentario