sábado, 29 de octubre de 2016

*** Opinión
Wallander

Rudo, meláncólico, autodestructivo, o inspector Kurt Wallander (“Wallander”, na noite dos domingos en TVE-2) é unha desas personaxes policíacas de series de televisión nas que paga a mágoa deterse. Diabético, con atisbos de alcolismo, estraga a vida familiar (a filla, que tentou suicidarse sendo adolescente, un divorcio traumático, unha turbulenta relación co pai), incluso a saúde, para implicarse de xeito frenético, ata estresante, en resolver unha serie de crimes na cidade de Ystad no sur de Suecia.  
A serie inglesa, baseada nunha saga literaria, atrápanos cunha métrica de longametraxe, con guiños de cine negro e uns guions onde prima a trama, as personaxes e as emocións sobre a acción mesma. E tamén o fai cunhas paisaxes que combinan con mimo o rural co urbano, e que sentimos tan europeas como cercanas. Pero sobre todo cun Wallander (interpretado polo actor británico Kenneth Branagh) que pertence a esa raza de anti-heroes, tan reais como cercanos, tan emocionais como pesimistas, e que en outono te van calando ata os ósos, case que ao ritmo desa choiva que golpea sen parar o cristal da fiestra.
Poderíase pensar que unha serie así é unha mágoa esté desprazada a unha canle como a TVE-2, esa que ás veces tanto se menta pero que logo na práctica apenas ninguén ve. Pero ata iso é un acerto, porque a Wallander, unha personaxe tan brillante como gris, aire desaliñado, e con tintes depresivos e melancólicos, a 2 vaille ao dedo. E é que os anti héroes sempre pasan de puntiñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario