jueves, 30 de junio de 2016

CAMPAMENTO MUSICAL: 
DESPEDIDA NA PRAZA DA FEIRA

Xoves 30, regreso do Campamento Musical a Meaño despois dunha estadía de cinco días no colexio Marcote en Vigo. Antes, pola tarde, tempo para visitar a vila de Baiona. Ao regreso en Meaño concerto de despedida ás 20,30 na Praza Feira, con caras de cansancio nos rapaces que tamén chegaban cargado cargados de anécdotas e guiños que denotaban telo pasado ben. E tamén tempo para algunha que outra emoción na despedida. Aquí remata o curso 2015-16. A actividade musical regresa tralo descanso estival e farao con forza porque Meaño vive a música polos catro costados.

Pero, ante todo esto e, sobre todo, despois do espectáculo frustrado do sabádo 25 no festival de fin de curso... seguímonos preguntándonos: para cando un auditorio -ou como queiran chamarlle- en Meaño? Quen fará súa dunha vez esa causa? É que os os goberno local e os partidos que integran a corporación non o ven? Ata cando miraremos para o outro lado finxindo no ver nada? Levamos 20 anos coa teima. Nesos 20 anos, pouco a pouco, poderiamos ter feito moito, ou non?. Pois nada sigamos pensando en tres campo de fútbol de herba sintética.

Nota: Se queres velo en datos pincha no seguinte enlace, sorprenderaste:
Auditorio&campos de fútbol

















No hay comentarios:

Publicar un comentario