domingo, 10 de abril de 2016

Esta foi unha semana de moita actividade en Meaño. Por iso o noso particular Ventanuco ábrese nesta ocasión a unha serie de novas que queremos compartir cos que estades lonxe ou preto, a aos que todos une o vínculo por esta curruncho da Galicia costeira. Música e literatura mestúranse nesta entrada da man da Banda Unión Musical de Meaño e dos alumnos do CEIP de Coirón.


MÚSICA E LITERATURA PARA AVIVAR O ESPÍRITU

Portada do disco "Hispania" da Banda Unión Musical de Meaño
A Banda Unión Musical de Meaño presentou o pasado sábado día 9 o seu “XV Festival de Bandas de Música”, considerado o decano de cantos se celebran en Galicia. Para estas vodas de prata o festival, que terá lugar este ano o sábado 30 ás 19,30 horas na Praza de Feira, contará cunha das banda máis galardonadas de España no ámbito internacional: a Sinfónica do Centro Instructivo Musical “La Armónica” de Buñol (Valencia), dirixida polo ata fai pouco director de banda meañesa, David Fiuza Souto. Xunto a ela completa cartel a Unión Musical de Meaño baixo a batuta do mestre Diego Javier Lorente López. Cita, pois para non perderse esa tarde noite do 30 en Meaño. O certame estará seguido nesta ocasión dunha verbena para conmemorar este 25 aniversario do festival.

Imaxes da grabación que conté no seu interior do CD "Hispania"

Pero o acto do pasado sábado servíu tamén para outro fito: a presentación en sociedade do primerio disco da Unión Musical de Meaño que, baixo o título de “Hispania”, sairá á venda o mesmo día do festival. Só se editaron 1.000 copias deste primeiro CD, que foi grabado en nadal no auditorio de Ribadumia e que, entre outras, conta coa obra “Four Spanish Impresións”, de Rodney Newton, que nunca ata agora fora grabada por unha banda de música en todo o mundo. Esta é a nosa segunda recomendación. O disco, que promete non defraudar, sae á venda a un prezo de 12 euros. Se gostas de Meaño: vásteo a perder? Se estás lonxe non dubides en reservalo. Para iso ponte en contacto coa Unión Musical de Meaño a través de correo-e: unionmusicaldemeano@gmail.com

Abraham Cuperio en Dena
Abraham Cupeiro
Abril é cada ano en Meaño o “Mes da Música” e conta nesta edición cun amplo programa de eventos. Abríao o pasado fin de semana o multi instrumentista lucense Abraham Cupeiro que, seu espectáculo “Museum-Musicum”, mostrou en Dena medio centenar de instrumentos da súa colección duns 160, petencentes todos eles a outras latitudes ou tempos. Entre eles a gaida, o cornetto, a trompeta natural ou o "karnyx", un instrumento da Idade de Ferro celta que foi empregado en época romana nos campos de batalla, segundo se refrexa en "A guerra das Galias " de Xullo César. Un Cupeiro que interactuou co público, con guiños de retranca e humor, e que deleitou coas suas interpretacións. Se te o perdeste aquí estamos nós para deixarche un pequeno vídeo que se permitirá ver un intre da súa actuación en Dena. Para iso pincha no enlace de aquí abaixo




Érica Esmorís cos alumnos do CEIP deCoiirón
Literatura con Érica Esmorís
Outra das novas veu de man da literatura. A escritora coruñesa Érica Esmorís estivo o venres 8 no CEIP de Coirón-Dena nun encontro literario cos alumnos de quinto e sexto que leron durante o curso o seu libro “Nena e o mar”. Con eles departíu durante unha hora, falando de si, da sua obra, respostando ás preguntas dos nenos, o logo asinándolles e adicándolles os exemplares que os alumnos portaban nas mans. Non será a única cita coa literatura para os alumnos de Coirón que preparan xa outra coa pontevedresa Eva Mejuto cara a fin de curso.


DESDE A GALERÍA: con Esmorís e Cupeiro...












No hay comentarios:

Publicar un comentario