lunes, 8 de febrero de 2016

UN TORNADO ARRAMPLA CO PAVILÓN DE DEPORTES DE XIL

Meaño sufríu o pasado sábado día 6 de febrerio un tornado que derruíu o pavillón de deportes de Xil, dous grandes invernadoiros e causou graves danos en media docena de casas e no CEIP de Coirón-Dena. Foi as 16,30 horas cando se esta tromba mariña tocou terra e transformouse nun tornado que subíu por Dena cara a Xil. Segundo testimuñas entrou pola zona de Seixiños, avanzou cara a Coirón e subíu para ladeira de Xil reactivándose e golpeando de cheo contra o pavillón de deportes que está na zona alta, preto do monte. 


Así quedou o pvaillón de deportes de Xil tralo paso do tornado

Milagros Arosa, que o vivíu na casa casa do seus pais á que llevantou o tellado polos catro costados en Xil explica o sucedido: "Sentín un estruendo grande como se fora un trono... Cando saín xa vin como o contenedor azul de enfrente voara sobra a estrada e veu petar contra a nosa porta, outro contenedor amarelo estaba enriba dunha parrra de viña e ao fondo o pavillón de deportes tiña todo o frontal de aprte do teitoderruidos".
Tal forza acadou o vento nesa turbulencia que retorceu a estructura metálica do pavillón e varias láminas da cuberta acabaron de igual forma en viñas e montes de preto. Mesmo unha delas, duns 20 metros de longo por 1,50 de ancho, ancabou enroscada ao tronco dun eucalipo a gran altura.


Un dos invernadoiros derruidos
Danos en Xil e Dena
Tres foron as casas damnificadas en Xil. A elo uníronse dous grandes invernadoiros de 380 m2 cada un, propiedade de Milagros Varela, toda una vida adicada a eles en vendendo verduras na praza do Grove. "Foi tremendo -afirma- rompeu o plástico e coa forza que fixo retorceu tódolos ferros da estructura. Para min é dano enorme, arrasoume todo".
En Dena os efectos tamén foron grandes: rompeu as chimeneas de duas casas en Coirón, levantou o tellados de tres, arrincou de cuaxo o pilar de formigón dunha a terraza, arrincou árbores dunha eira, algún dos cales tiña máis de 40 anos, provocou danos na cuberta na nave de Excavacións Carabel e no CEIP de Coirón fixo voar contenedores cargados, tellas que romperon cristais de catro ventanas, una porta traseira, baixantes canalóns de aluminio seccionadas e mesmo levantou sacando da guía o pesado portalón de ferro de 4 metros de longo por 1,80 de alto que da entrada a rúa interior do colexio. 


Imaxe do CEIP de Corión o sábado tralo paso do tornado
Testimuña
Nunha das vivendas afectadas en Coirón, Emilio Cabaleiro e a sua dona foron testimuñas de expepción: "estaba sesteando un chisco na sá despoois de xantar -explica- cando o estruendo me sobresaltou. Cando me asomei enseguida vin un gran remuiño de choivaa e vento que arrasaba con todo ao seu paso. Foi cuestión dun minuto, pero vin voar tellas, mesas de terraza rompendo contra a cancela, mesmo un bloque de formigro foi parar á viña do fondo".
Ao carón, no restaurante Casa Portuguesa, traballaban de arreo en cociña cando os sobresaltou o tornado e unha tella arrincada da cuberta do colexio entrou de súpeto cun na cociña: "impactou a gran velocidade na cristal da ventana -afirma José Ruel, qeu rexenta coa sua dona o establecemento hosteleiro-, rompeuno e rebotou na balsosas de varias paredes da antes da acabar no chan".  "Non tivemos unha desgracia -continúa- porque non estaba de ser, dado que nese intre estabamos catro personas traballando en cociña e a tella mailas esquirlas de cristal saltaron por tódolos sítios". Incluso no exterior nos mostra como o vento arrincou literalmente unha ventana dunha galería corredeira, e doblou outras dúas.

A continuación ofrecémosche unha completa reportaxe fotográfica dos danos causados.


Danos no pavillón de deportes de Xil...
  



























No eucalipto do fondo vese enroscada unha
lámina da cuberta do pavillón

Outra imaxe da lámina enroscada no eucalipto,
captada mesmo debaixo


Outros danos en Xil...














Desde onde voou esta roupa interior?













Danos no CEIP de Coirón-Dena...




























Técnicos de Eduación avalían os danos no colexio na xornada do luns

Outra imaxe dos técnicos recabando información


Outros danos en Dena...







En primeiro termo unha das láminas do cartel publicitario do fondp en Coirón
que pasou por enriba da estrada para cair no outro lado




Chimenea arrincada en Dena


José Ruel móstranos a ventana que arrinco o vento
na galería exterior seu restaurante























No hay comentarios:

Publicar un comentario