sábado, 20 de febrero de 2016

A nova da semana
O CEIP DE COIRÓN DECIDE SOBRE A XORNADA CONTINUA

Este mércores día 24 os pais e nais de alumnos do CEIP de Coirón deciden sobre a xornada continua. Para iso están chamados a un referendo para o cal se habilitará no centro unha mesa electoral que permeñecerá aberta en horario ininterrumpido entre as 9 da mañán e as 20,30 horas da noite. É a ocasión propicia para que os pais e nais decidan sobre si optan pola xornada continuada ou permañecen na actual, unha xonrada peculiar a medio camiño entre a continua e partida.

Vista da entrada do CEIP de Coirón-Dena
A este referendo están chamadas 220 familias. So poderán emitir o voto un dos proxenitores -ou titor no seu caso- por alumno. Para que a xornada continua poida sair adiante é preciso o voto favorable a ela por parte do 58 por ciento do censo electoral ou, o que é o mesmo, de 128 familias. Tendo en conta que a referencia é sobre o censo -non sobre os votantes- aqueles que opten por absterse e non participar neste referendo equivale na práctica a un voto contrario a xornada única. É preciso pois, se os pais e nais están intesesados no proxecto, que se mobilicen ese mércores 24 para que o CEIP de Coirón deixe de ser un dos dous centros da comarca que todavía non posúe este tipo de xornada.

Alumnos do colexio de Dena
O proxecto de xornada continua que se propón contempla un horario de 8,45 a 13,45, con sesións de clase de 50 minutos antes do recreo, o cal terá lugar de 11,15 a 11,45 horas, e sesións 45 minutos despois do tempo de lecer. Os martes de tarde os mestres recibirán aos pais e nais en titorías entre as 16 de 17 horas e, a continuación, manterán reunións pedagóxicas e claustros ata as 19 horas. Ademáis os cinco días lectivos da semana a biblioteca escolar, con acceso a internet nos seus ordenadores, permañecerá aberta entre 16 e 18 horas, atendida por dous mestres que estarán de garda no centro entre nesa franxa horaria.

Outra panorámica do centro escolar
A xornada escola do CEIP de Coirón foi un caso atípico nestos últimos anos. E é que, por problemas cos alumnos transportados e o servicio de autobuses que debía combinarse co IES, só puido establecerse no seu día unha xornada continua parcial, con catro días da semana, que son os luns, martes, xoves e venres con horario de 9 a 13,40, mentras que o mércores conta con xornada partida ao engadir unha parte de tarde entre 16,30 a 18,30, o cal supón un trastorno engadido aos pais. A loita pola xonrada continua plena foi unha teima por parte da comunidade educativa. No curso pasado a Delegación de Educación, despois de pasar un proxecto similar tódolos filtros, tumbou o referendo 24 horas antes de celebrarse por un informe negativo do Servizo de Tranportes, dependente da Consellería. Esta vez, tras comprobar in situ o que os horarios dos autobuses non ían supoñer transtorno nin incremento algún, Transportes non puxeron pega. 
E algo máis que deberán ter presente os pais: de non prosperar a xornada continua terán que agardar tres cursos para volver a solicitar un proxecto similar. Agora, pois, o mércores 24 deciden os pais, e nesa decisión non estaría demáis que cada quen antepuxera o interese dos nenos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario