domingo, 30 de agosto de 2015

EN MARCHA A XXXI CARREIRA POPULAR DE MEAÑO 

Cartel que anuncia a proba deste ano coa imaxe de
Robertas Geralavicius entrando gañador en 2014

Foto: Iñaki Abella
Meaño prepara a súa XXXI Carreira Popular, a clásica por excelencia do atletismo popular arousano e unha proba consolidada de pleno dentro das populares galegas, non só por participación senón pola calidade dos atletas que cada ano se dan cita nela.

A Carreira Popular Concello de Meaño córrese o domingo 13 de septembro ás 11 da mañá. A inscrición para participar permañece aberta na web www.championchinorte.com dispoñendo de prazo ata a noite do xoves 10 de setembro. Un ano máis a organización segue apostando polo carácter gratuito da proba polo que a inscrición non ten coste -algo pouco frecuente nas populares de hoxe-, se ben apélase á responsabilidade, por canto que cada inscrito que non concorra sí supón coste económico real aos organizadores.



PRESENTACIÓN
Geralavicius e Lourdes Ucha nun momento da presentación.
 Foto: Marcos Castro
A Carreira foi presentada de xeito oficial o venres 18 de agosto nun acto que contou coa presencia de Robertas Geralavicius, gañador en 2014 e doble campión lituano de 5.000 metros. Un Geralavicius que estivo acompañado para ocasión pola sua súa dona, a doble campiona de España de maratón Mª Jesús Gestido, quen precisasamente tamén gañara a Carreira de Meaño en féminas nos anos 2002 e 2003. O campión lituano felicitou á organización "por trabajar con tanta ilusión y humildad, porque de otra forma no se entiende que una carrera supere los 30 años", e pola aposta en canto á participación dos nenos e nenas "porque ellos son el futuro, y buena parte de ese futura pasa por el deporte y no por estar enganchados todo el día a la play". Rememorou ou seu duelo do ano pasado con Essaadaqui Akka "en lo que fue una pugna Marruecos-Lituania por el triunfo en Meaño" y recomendó esta carrera como "una excelente ocasión para correr en familia, porque el lugar invita a quedarse esa jornada y aprovechar para pasar en Meaño un día diferente".

Ercilia Machado entre vencedora en 2014. Foto: Ángeles Souto
CIRCUITOS E PREMIOS
A carreira manterá os xa tradicionais circuitos de 6,3 kms., 1,6 kms. y 1 km en función das 17 categorías que contempla. Eso sí, a saída será conxunta para todas elas ás 11 horas, outro dos rasgos que diferencias esta carreira do resto das populares. E, a maiores, inclúense dúas categorías non competitivas como son as de chupetes (nados desde 2011, que percorrerán 100 metros), e andantes (para aficionados que opten por camiñar en vez de correr e que disporán dun percorrido de 3 kms). Salientar que estos últimos só deben inscribirse no día da proba na zona de saída-meta situada na Praza da Feira, entre 9 e 10,30 horas.

Unha charanga animou ao atletas na costa dos Fornos
Foto: Pablo Portas
Todos os que cheguen á meta recibirán como agasallo, polo mero feito de teren completado o percorrido e por xentileza da firma Inter Rías, unha camiseta técnica serigrafiada co logo da proba xa do ano 2016. Ademáis os tres primeros clasificados de cada categoría recibirán a xeito de trofeo este ano testimuñas de atletismo creadas en cerámica e diseñadas para a ocasión de xeito exclusivo polo escultor meañés Pablo Barreiro -previo Novos Valores 2015 da Deputación de Pontevedra-E na xeral, tanto en modalidade masculina como feminina, os gañadores percibirán 300 euros e o seu peso en botellas de albariño Paco&Lola, os segundos 200 euros e un fin de semana para dúas personas no hotel con encanto Quinta de San Amaro, e os terceiros 100 euros e unha cesta productos gastronómicos típicos xentileza de por Súper Merca Más-Galiñáns. A organización tamén seguirá mantendo o “premio á fidelidade”, un agasallo para aqueles atletas que correra con esta -completando percorrido- as últimas cinco edicións. O premio empezou a entregarse o pasado ano e, en boa lóxica, os premiados entonces, non poden repetir este ano, empezando nesta edición de 2015 a contabilizar un novo ciclo de cinco anos para optar ao premio de novo en 2019.

A TER EN CONTA
Non se admitirá inscrición algunha fóra de prazo. É indispensable formalizar a inscrición cos dous apelidos en cumprimento do que marca o regulamento, o cal podes descargar da páxina www.championchinorte.com  ou consultado na sección MEAÑOLEANDO deste blogue (pinchado arrriba nesta páxina) .O ano pasado inscribíronse 730 atletas procedentes de 81 concellos das catro provincias galegas mailo norte de Portugal. O récord masculino da Carreira está en 18’18 de (Suso de la Fuente, ano 2000) e o feminino en 21,05 (Claudia Pereira, ano 2009). En caso de batir calquera deles agarda para o atleta un fantástico reloxo Viceroy doado por Xoiería Portonovo como agasallo engadido.

CADRO DE HONRA
Foron gañadores en Meaño segundo os arquivos que se conservan os seguintes atletas (a partir de 1990, a inmensa maioría deles internacionais nesos anos con España ou Portugal):

Carlos de la Torre entra gañador en 1990
1988: Xaquín Costa (Cambados)
1989: Daniel de la Torre (Marín)
1990: Carlos de la Torre (Marín) e Rocío Vicente (Vigo)
1991: Carlos de la Torre (Marín) e Alzira Lario (Portugal)
1992: Alejandro Gómez (Vigo) e Anne Middle (Santiago)
1993: Carlos de la Torres (Marín) e Alzira Lario (Portugal)
1994: Serafín Portela (A Garda) e Soledad Castro (Mos)
1995. Elisardo de la Torre (Marín) e Esther Pedrosa (Santiago)
1996: Elisardo de la Torre (Marín) e Esther Pedrosa (Santiago)
1997: García Gendra (Santiago) e Soledad Castro (Mos)
1998: García Gendra (Santiago) e Soledad Castro (Mos)
1999: Carlos Adán (Vigo) e María Abel (Lugo)
2000: Suso de la Fuente (Santiago) e Fátima Paz (Santiago)
2001: Carlos Adán (Vigo) e Griselda González (Marín)
2002: Lolo Penas (Arzúa) e Mª Jesús Gestido (Cangas)
2003: Lolo Penas (Arzúa) e Mª Jesús Gestido (Cangas)
2004: Pedro Nimo (Santiago) e Leonor Carneiro (Portugal)
García Gendra gañando en 1998
2005: José B. López Pastoriza (Marín) e Leonor Carneiro (Portugal)
2006: Lolo Penas (Arzúa) e Leonor Carneiro (Portugal)
2007: José Antonio Ramallo (Pontevedra) e Patricia Pereira (Portugal)
2008: Lolo Penas (Arzúa) e Patricia Pereira (Portugal)
2009: Tiago Costa (Portugal) e Claudia Pereira (Portugal)
2010: Ricardo Rivas (Portugal) e Filomena Costas (Portugal)
2011. Hassan Lekhili (Marrocos) e Ercilia Machado (Portugal)
2012: Alejandro Fernández (Ourense) e Ercilia Machado (Portugal)
2013: Alejandro Fernández (Ourense) e Yolandda Gutiérrez (Ourense)
2014: Robertas Geralavicius (Lituania) e Ercilia Machado (Portugal)


RECOMENDACIÓNS PARA NON PERDERSE EN MEAÑO
Onde hospedarse?
Habitación da Quinta de San Amaro
Se vÉs de lonxe e decides durmir en Meaño a noite anterior brindámosche tres opcións:

HOTEL CON ENCANTO: 
Quinta de San Amaro (a 500 m.)
HABITACIÓNS Casa Rodiño (a 300 m.)
CASA RURAL: Eirado do Pino (a 1 km.)


Onde xantar?
Ofrecémosche estas alternativas adaptadas a tódolos petos. 
Se o que preferes e xantar á carta estas son as dúas opcións preto, excelentes ambas:


RESTAURANTE QUINTA DE SAN AMARO 
Nas inmediacións da ermida de San Amaro, a altura do quilómetro 0,9 do circuito.
Hotel con Encanto
Piscina
Enlace: Quinta de San Amaro






CASA RODIÑO
Especialidade en cordeiro
En pleno circuito, a altura do quilómetro 0,5
Salón amplo
Enlace: Casa Rodiño

Se, en cambio, preferes tapear, as dúas opcións que che propoñemos son:

TABERNA RURAL PAZO DE LIS
Ao lado mesmo do Museo da Muller Labrega. 
En pleno circuito a altura do quilómetro 1,5
Sá e terraza rural cuberta
Acolledor
Enlace: Pazo de Lis





O MUIÑO DO FERREIRO
No roteiro do muiños en Lores, a altura do quilómetro 2,8 do circuito.
Sabor de tradición
Área recreativa no exterior con praia fluvial
Enlace: Muiño do Ferreiro





Podes ver polo miúdo algunhas destas recomendacións visitando este blogue no seguinte enlace
http://poloventanuco.blogspot.com.es/search/label/Congusto.es

Que facer pola tarde?
Propoñémosche catro alternativas:

Área recreativa do muiño de Ferreiro
Cascada da área recreativa
RELAX: Tarde de disfrute do espazo natural e da praia fluvial da área recreativa do muiño do Ferreiro, enclavada no roteiro dos muiños de Lores (á altura do quilómetro 2,8 do circuito). Moi recomendable.

Roteiro dos muiños
Muiño do Crego en pleno roteiro
NATUREZA: Se preferes soltar os músculos a opción e percorrer o roteiro dos muiños do río Chanca entre Lores-Simes e Armenteira. Distancia 6 quilómetros. Dificultade: baixa e media no tramo alto. Tempo estimado entre ida e volta: 2 horas e 20 minutos (tamén podes non percorrelo completo, os muiños só están presentes nos primeiros 3 quilómetros, o resto é unha zona entre o bosque que leva ao manantial onde brota o río Chanca)


Mirador de San Cibrán en Cobas

VISTAS PANORÁMICAS: Visitar o alto de San Benito en Lores (a 2 quilómetros da Praza da Feira; preto do roteiro dos muiños) cunha excelente panorámica do val. No municipio tamén se atopa o mirador de San Cibrán en Cobas (a  4 quilómetros da zona de meta) con espléndidas vistas sobre a ría de Arousa





Claustro do mosteiro de Armenteira
ARTE: Igrexas románicas de San Xoan Bautista de Meaño e Santa María de Simes. Pero xa que estás preto e se o que che gosta é a arte non deixes de visitar o mosteiro de Armenteira (a 10 minutos) enclavado no municipio veciño de Meis, e que está considerado como a “catedral do Salnés”. Nel poderás mercar os tradicionais xabóns artesanais que elaboran a monxas do mosteiro.


Praia da Lanzada
PRAIA: Como Meaño é centro de todo en O Salnés se a tarde se presta tamén podes desprazarte ata a praia da Lanzada (a 15 minutos) e disfrutar dun areal de 3 kms. considerado dos mellores de Galicia. Un baño na suas augas salinas ou un paseo coa marea baixa farán a tarde inesquecible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario