domingo, 18 de enero de 2015

As palabras e os días: JORGE DOMÍNGUEZ, a voz

(PARTE II)


Jorge Domínguez saúda aos reis de España, foto anos 90
Nesta entrega abrimos este Ventanuco á segunda e última parte do audio-vídeo coa voz do que fora alcalde de Meaño Jorge Domínguez Rosal (1991-2012). A grabación pertence ao día 16 de decembro de 1994 con motivo da charla coloquio mantida no foro de debate “A Cova do Trasno”, que promovía a asociación cultural e deportiva GAM no entonces local social da entidade, sito en As Covas, local que fora antiga barbería de Manuel Radío e que enchera para a ocasión as 40 cadeiras do seu aforo. Baixo o título de “Meaño: un concello, cara onde?” Jorge Domínguez fala nesta segunda entrega de como vía el o municipio, palabras que, aínda que lonxanas no tempo, manteñen hoxe unha vixencia plena. O noso agradecemento a Marcos Castro, sin cuxa colaboración no sería posible a este proxecto. Para velo pincha no icono de “play” que aparece abaixo. Tamén podes pinchar nos enlaces que dispós debaixo se queres escoitar o audio completo da charla.



Se queres escoitar o audio completo da charla coloquio pincha nos seguintes enlaces:

Jorge Domínguez na "Cova do Trasno" (1994), parte I

Jorge Domínguez na "Cova do Trasno" (1994), parte II


No hay comentarios:

Publicar un comentario